Cargando Eventos

Xornada prevención de riscos coa maquinaria agrícola

Protagonista: Asociación Agraria de Galicia
Durante o mes de outubro, a Asociación Agraria de Galicia continuará coa organización en varios puntos da nosa comunidade dunha serie de “Xornadas divulgativas sobre a Prevención de Riscos Laborais no uso de Maquinaria Agrícola”
Mañá mércores haberá unha sesión dobre nos concellos de Taboada e Sarria. Pola mañá, a partir das 11:30 h., os técnicos de ASAGA estarán na Parrillada San Martiño, na Baiuca (Taboada).
Pola tarde, a cita será a partir das 16:30 horas, no Mesón Pacio, en Corbelle San Antolín (Sarria).
Todas estas xornadas formativas, que contan coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade,
terán unha duración aproximada de 2 horas e media,e serán impartidas por un experto en Prevención de Riscos Laborais
.
En cada sesión trataranse os seguintes módulos:
•Prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola
• Prevención de riscos no uso de productos fitosanitarios. A asistencia ás xornadas será libre e gratuíta ata completarse o aforo. Tódolos asistentes recibirán un tríptico informativo e documentación de interese xeral.

20 Outubro, 2021

11:30 a.m. - 12:30 p.m.

Taboada

A Baiuca
Taboada, Lugo Spain
+ Google Map