Cargando Eventos

Andainas da Ruta da Ribeira do Miño: Bexán- Santo Estevo

Protagonista: Asociación Veciñal O Saviñao

A Asociación Veciñal do Saviñao retoma as andainas pola ruta gran ruta da Ribeira Sacra do Miño, aberta e conservada pola propia asociación.  O colectivo impulsa de novo o percorrido, dun total de 36 quilómetros repartidos en catro xornadas nas mañás dos sábado.

O próximo sábado 18 de decembro realizarase a última etapa desta ruta de sendeirismo entre Pantón e O Saviñao. Saírase dende Bexán con baixada ata o burgo de Belesar, subida polos Codos, calzada de orixe romana e marcada traza medieval,  ata a igrexa románica de S. Paio de Diomondi.

Pasarase polos restos da igrexa de Montecelo ata os lugares de Piñeiro e Galegos. Dende aquí atravesarase o souto ribeirao ata as proximidades de Buxán, onde serán visitados os restos do eremitorio de S. Pedro de Cela, e remate na recentemente restaurada igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño. En total son uns 9 quilómetros.

A saída en microbús será ás 9:15 dende a praza Maior de Escairón, con volta en torno ás 14.00h. É imprescindible apuntarse para organizar o trasporte, nos teléfonos 677726325 ou no 982452013.

18 Decembro, 2021

9:00 a.m. - 2:00 p.m.

Sin localización