Cargando Eventos

V Foro Territorios Patrimonio na Ribeira Sacra

Protagonista: Festival 17º Ribeira Sacra

O Foro Territorios Patrimonio reunirá en Pantón e on line a máis dunha vintena de ponentes entre os días 11 e 12 de novembro.

Cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola están de novo dentro programa con conferencias, mesas redondas e actividades dirixidas a profesionais da cultura e o turismo, así como tamén a un público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra.

O Foro Territorios Patrimonio conta co apoio e implicación da Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A candidatura a Patrimonio da Humanidade planeará sobre o debate en cuestións relacionadas co turismo, o medio ambiente, o viño, a gastronomía as experiencias sustentables e o futuro. pano de fondo algunhas das cuestións que máis van marcar o devir dunha zona candidata a Patrimonio da Humanidade desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, gastronómico, patrimonial, de experiencias, de sustentabilidade e de futuro.

Toda a información, programa e ponencias en: https://foroterritoriospatrimonio.com

Doutra banda, o pasado mes de setembro, a candidatura a reserva de biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel culminouse despois dun longo camiño, sendo, oficialmente, o sétimo destes espazos declarados en Galicia. Un recoñecemento que terá relevancia no discurso da quinta edición do Foro Territorios Patrimonio.

A conservación e transformación do territorio configúrase como unha compoñente clave para mellorar o patrimonio natural, patrimonial e cultural dun territorio como a Ribeira Sacra. Contempla actuacións en materia de transformación e xestión do territorio orientadas a diminuír os niveis de tensións e adaptación ao cambio climático, apostando por accións que faciliten a súa adaptación tamén a contornas dixitais. Representantes institucionais, de empresas enerxéticas e das telecomunicacións, xestores territoriais doutras territorios, investigadores universitarios estarán entre o elenco de relatores.

O Foro Territorios Patrimonio 2021 é a continuidade dun proxecto que impulsa, tanto I-Radia Crea como 17° Ribeira Sacra Festival. Toda a información en: https://foroterritoriospatrimonio.com

Patrocinadores institucionais: Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Colabora: Concello de Pantón, Gadis e Regina Viarum.

DATA DE CELEBRACIÓN: 11-12 de decembro de 2021.

LUGAR: Concello de Pantón, Lugo.

ESPAZO: Hotel Iberik Augas Santas

AFORO:  Haberá un pequeno aforo para as persoas que desexen asistir de maneira presencial durante as dúas xornadas. As prazas son  limitadísimas e poden solicitarse no mail habilitado: contacto@foroterritoriospatrimonio.com

O Foro Territorios Patrimonio poderá seguirse de maneira  on-line a través da súa canle de Youtube.

11 Decembro, 2021 - 12 Decembro, 2021

Pantón

Augas Santas
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map