Cargando Eventos

Feira do Viño de Amandi

Protagonista: Concello de Sober

Estimase que arredor dunha vintena de adegas van participar nunha nova edición da Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar en Sober os días 1 e 2 de abril, na súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

A edición da feira deste ano virá precedida do Mes do Amandi, con múltiples actividades sectoriais e outras dirixidas a todos os públicos, pero sempre relacionadas co mundo do viño, a cultura e as paisaxes do municipio.

1 Abril, 2023 - 2 Abril, 2023

Sober

praza do Concello
Sober, Lugo Spain
+ Google Map