Cargando Eventos

Festival En Son de paz, polas persoas refuxiadas

Este sábado, 30 de abil, Chantada vivirá unha xornada de visibilización e apoio ás persoas refuxiadas. Pola mañá terá lugar unha charla, e xa pola tarde unha serie de actuacións na coñecida como Praza do Cantón, na que participarán distintas agrupacións musicais da zona e outras que interpretarán a música de lugares onde existe un gran éxodo por mor de conflitos bélicos ou políticos como Ucraína ou o Sahara Occidental.

Tanto o Concello de Chantada como diversos negocios colaboran en facer posible este encontro festivaleiro en favor das refuxiadas.

 

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map