Cargando Eventos

Inauguración ruta de sendeirismo Miradoiros de Matacás

O Concello de Castro Caldelas xunto con Rutea e Caserío da Castiñeira organizan un domingo que ollará cara os Canóns do Sil, sen esquecer que se trata do 25 de novembro, o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A inauguración do sendeiro dos miradoiros de Matacás comezará ás 10.00h na Praza do Prado. Alí levarase a cabo un simbólico corte do lazo negro e gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas das violencias machistas. A proposta da organización e que as persoas vistan, de ser posible, un xersei de cor negra en sinal de repulsa contra esta lacra.

No que se refire á apertura da nova ruta, trátase dun novo deseño de Manuel Rolán (Caserío da Castiñeira), gran coñecedor da zona, e que conta coa colaboración do propio Concello de Castro Caldelas. O percorrido, de 16 quilómetros, componse de multitude de paisaxes diversos con especiais matices nesta tempada outonal. O roteiro parte da capitalidade municipal e está trazado cara algúns dos miradoiros máis singulares sobre o río Sil. Aldeas, bosques e viñedos nutren este paseo único recentemente preparado para as andainas.

A ruta ten unha dificultade media e pódese facer a pé ou correndo para os máis atrevidos (trail non competitivo).

 

Cartel e foto destacada: Rutea

 

INFORMACIÓN:

As inscricións teñen un custe de 7 euros e inclúen coche de apoio e avituallamento, así como seguros e IVE.
– Opción A (formulario): https://goo.gl/forms/h2apTArtGRPzxfQj2
– Opción B: contacto@rutea.es / 636085133
– Opción C: Bar Grilo Castro Caldelas

25 Novembro, 2018

10:00 a.m. - 2:00 p.m.

Castro Caldelas

Praza do Prado
Castro Caldelas, Lugo 32760 Spain
+ Google Map