Cargando Eventos

A caída da folla, actividades de outono na Ribeira Sacra

PROGRAMA A CAIDA DA FOLLA NA RIBEIRA SACRA 2021  

Outubro

Domingo 10 : Obradoiro Plantas Silvestres para el invierno (Ribas de Sil). Aprenderemos a crear  a nosa caixa de primeiros auxilios básica con plantas silvestres para os meses máis  fríos do ano.  Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:30 horas  

Lunes 11 Navegando polo Miño, facemos o Camiño (Chantada). Primeiro camiñar e despois,  desfrutar. Queres coñecer cales son as actividades que podemos realizar ao redor do  Camiño de Inverno?  Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 20:00 horas  

Martes 12  Apicultor/a por un día (Nogueira de Ramuín). Chegou o momento de colocarnos o  traxe de apicultor e adquirir as nocións básicas para aclimatarnos e introducirnos, aos  poucos, no incrible mundo da apicultura. Prezo: 6 € / Horario: de 10:30 a 13:00 horas 

Sábado 16  Rural Sketch colores de otoño (Sober). Prepara a paleta de cores outonais que  saímos a pintar! Acompañados do pintor Eduardo Baamonde buscaremos as mellores  paisaxes para inspirarte. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas  

Domingo 17 Arqueología en el Camino de Invierno (Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e O  Saviñao). Quenda para descubrir parte dos vestixios arqueolóxicos do Camiño de  Inverno ao seu paso por Ribeira Sacra.  Prezo: 15 € / Horario: de 9:30 a 18:30 horas 

Sábado 23 Curso de micología (Pantón). Macrolepiotas, lactarius, boletus,… imos ao monte en  busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E,  ademais de recollida, haberá degustación. Bo proveito! 

Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas  

Domingo 24 Andaina Penas do Castelo (A Pobra do Brollón). Un percorrido circular pola parroquia  de Salcedo, famosa polo seu Entroido, donde nos acercaremos ao seu patrimonio máis  oculto.  Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas

Mércores 27 – Venres 29 

Curso Mindfulness (Parada de Sil). Experiencia formativa con Edgar Tarrés, de tres  días de duración, sobre baños de bosque, mindfulness, creatividade, felicidade… para  que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou  turístico. Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas  

Sábado 30 Para chuparse os dedos (Castro Caldelas e A Teixeira). Unha xornada na que a  gastronomía será a protagonista. Descubriremos cales son os produtos gastronómicos  máis característicos de Ribeira Sacra, ao mesmo tempo que coñeceremos as historias  dos protagonistas que os elaboran e, por suposto, degustarémolos!  Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 18:00 horas 

Conectando coa natureza(Montederramo). Combinaremos unha ruta de sendeirismo  por un dos bosques de bidueiros mellor conservados de Galicia cunha sesión de Ecoyoga para finalizar a xornada. Uniremos un plan do máis relaxante cun percorrido  por unha paisaxe de conto. Véste? Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:00 horas  

Domingo 31  Winefulness (Pantón). Preparado/a para potenciar todos os teus sentidos?  Comezaremos a xornada cunha sesión de mindfulness e neurobioloxía na natureza para  desenvolver ao máximo a nosa sensibilidade e sentidos antes da degustación de viños  D.O. Ribeira Sacra.  Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 13:00 horas  

NOVEMBRO  

Luns 1 Baño de Bosque (Carballedo). Edgar Tarrés axudaranos a conectar cos elementos que  nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir a nosa  tensión, ansiedade, etc. Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas . Aula Forestal Os Trollos (Bóveda). Isto si que é mergullarse no outono! Coñece todo  o proceso da xestión forestal, desde o viveiro ata os distintos aproveitamentos das  árbores. Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas  

Sábado 6  Fotografía no Camiño Francés (Portomarín e Paradela). O fotógrafo Emilio Romanos  acompañaranos nun tramo do Camiño Francés, á vez que resolverá todas as nosas  dúbidas e iranos ensinando trucos para mellorar en fotografía.  Prezo: 6 € / Horario: de 9:00 a 15:00 horas 

Curso de técnica en BTT (Xunqueira de Espadanedo). Toni Ferreiro (corredor  profesional de Merida Bikes, 3 veces campión de España de descenso elite e 4 veces  campión de España de Enduro elite) impartirá un curso no circuíto de descenso de  Xunqueira de Espadanedo no que ensinará aos alumnos para depurar a técnica para  superar saltos, curvas e trialeras de forma segura. Prezo: 15 € / Horario: de 9:00 a 15:00 horas  

Domingo 7  Aceitunero/a por un día (Quiroga). Sabías que en Ribeira Sacra hai unha importante  produción de aceite de oliva? Coñécea cun paseo polos oliveirais e participando na  recollida da oliva mediante o vareo. Despois, visita á almazara e cata de aceites con  pan da zona e, tras un breve xantar, visita a un taller de artesanía con madeira de  oliveira. E, por suposto, tamén coñeceremos o tradicional muíño de Bendilló.  Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 16:30 horas  

Sábado 13  Fotografía ao solpor (Castro Caldelas). Os solpores son momentos máxicos, pero  difíciles de fotografar. Por iso, Guillermo Sotelo ensinaranos todos os trucos para  conseguir plasmar nas nosas fotografías esa riqueza de tons e luces que ven os nosos  ollos. Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 21:00 horas  

Domingo 14 Supervivencia no bosque (A Peroxa). Durante esta ruta aprenderemos algunhas  nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia. Ensinarannos, ademais, a  recoñecer pegadas e rastros de animais, a facer lume (con ferroceiro) ou a construír un  refuxio de fortuna, entre outras técnicas. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas  

Venres 19-Domingo 21 Curso de orientación (Ribas de Sil). Curso de orientación en montaña con David  Caballero, de 3 días de duración, comezando desde o máis básico ao máis avanzado.  Para aqueles que pensan que é imposible aprender orientación. Prezo: 30 € / Horario: viernes de 17:00 a 20:00 horas; sábado de 8:30 a 19:00 horas; domingo  de 08:30 a 15:00 horas  

Sábado 20 Camiño de Inverno en BTT (Monforte de Lemos, O Saviñao e Chantada). Sobe, que  nos imos! Por camiños empedrados, entre viñas e bancais e con parada nos principais  elementos etnográficos do Camiño de Inverno. E todo iso, en bicicleta, unha forma  totalmente diferente de percorrer o Camiño.  Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas 

Domingo 21  Ruta literaria “Todo isto che darei” (Chantada). Descobre o pasado de Álvaro,  percorrendo os camiños sinuosos que debuxan os bancais entre viñedos, visitando a  súa adega “La Heroica” e bebendo os seus viños. “Todo esto te daré”, o Premio Planeta  2012 de Dolores Redondo, será o noso fío nesta xornada. Prezo: 6 € / Horario: de 9:30 a 14:00 horas 

Sábado 27  Con pan y vino, se hace el Camino (Chantada). Que mellor xeito de desfrutar da  gastronomía ao redor do Camiño de Inverno que empapándose dela? Coñeceremos o  proceso de elaboración do pan tradicional e do viño D.O. Ribeira Sacra nesta  experiencia para chuparse os dedos.  Prezo: 15 € / Horario: de 9:30 a 18:00 horas 

DECEMBRO  

Sábado 4  Romasanta, escenario de película (Esgos). Visita interpretada a distintos lugares da  vida de Manuel Romasanta, popularmente coñecido como “O Home Lobo”.  Prezo: / Horario: / Incluye:  

Domingo 5 Benestar para estar ben (Taboada). Espérate un paseo terapéutico de conexión coa  natureza e cunha mesma. Tranquilamente, e cos sete sentidos, iremos percibindo  os arrullos do bosque, gozando cos aromas e sabores da terra, empapándonos cos  sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na  pel. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 20:00 horas  

Martes 7 De fervenza a fervenza (Quiroga). Pedriña, Vieiros, Pombal,… Sóanvos estes nomes?  Son algúns deses recunchos “secretos” de Ribeira Sacra que lle outorgan maior encanto  do que xa coñecemos. Nesta xornada acompañarante quen mellor os coñecen… Precio: 15 € / Horario: de 09:00 a 18:00 horas.

———————————-

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 10. A realización das mesmas están  garantidas a partir dun mínimo de 6 prazas. Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados. O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a  actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar  información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto. 

Prezos, reservas de prazas e outra información de interese en turismo.ribeirasacra.org 

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados no convenio 2021  coa Axencia Turismo de Galicia 

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: turismo.ribeirasacra.org /turismo@ribeirasacra.org /638 823 592 

4 Outubro, 2021 - 7 Decembro, 2021

Sin localización