Cargando Eventos

La Heroica de natación no canón do Sil

Este 27 de xullo as augas do Sil acollerán novamente La Heroica de natación. A travesía reunirá a máis de 700 deportistas, segundo as previsións. Os canóns do Sil son desta volta a mellor piscina para practicar esta disciplina que partirá da zona do embarcadoiro de Doade, en Sober. Boa temperatura agardan ter o sábado as nadadoras e nadadores e o público que asistirá a un evento digno de ver na Ribeira Sacra. As distinas probas diferencian distancias de 600, 2500 e 500 metros ata a proba raíña que é de 10 quilómetros, para deportistas de gran nivel. O Concello de Sober será de novo anfitrión nunha competición impulsada dende o club de natación Portamiñá e a empresa CCNorte e que conta coa colaboración de organismos como a Xunta de Galicia, que presentou hoxe a Heroica en Doade.

Sober

embarcadero de doade
Doade, Lugo 27516 Spain
+ Google Map