Cargando Eventos

A hora do conto na Biblioteca Municipal

Protagonista: Biblioteca Municipal de Chantada
Despois do Nadal volveu á vila do Asma a hora máis desexada para as crianzas: este 7 de xaneiro comezou unha edición máis da hora do conto. Dúas veces á semana deixarán as pantallas de lado para mergullarse nas imaxes que a súa mente produce a partir do relato de moitas das súas historias favoritas. Nenas e nenos a partir de 3 anos poderán escoitar contos interpretados polas traballadoras da Biblioteca Municipal  tamén algunhas contadoras e contadores de historias que darán voz aos personaxes máis diversos e viaxarán polo universo dos contos, unha cita á que as persoas adultas deberiamos acudir tamén de cando en vez. Un espazo de convencia e fomento do hábito da lectura, tan necesario entre as e os máis novos. 

 

HORARIO: Os luns ás 17:15 h. para crianzas de 3 a 5 anos e os xoves ás 17:15 h. para crianzas de 6 anos en adiante

PREZO: Actividade Gratuíta

1 Xaneiro, 2019 - 28 Febreiro, 2019

5:15 p.m. a 6:00 p.m.

Chantada

Praza do Mercado, S/N
Chantada, Lugo 20500
+ Google Map