Cargando Eventos

Accións do CIM polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Protagonista: Centro de Información á Muller Chantada

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Con este motivo sucédense en todo o mundo actos de rexeitamento ás violencias patriarcais e de apoderamento feminista. O Centro de Información ás Mulleres de Chantada súmase como cada ano organizando unha serie de actos de sensibilización contra esta lacra social. Este ano poñen o foco na pedagoxía na infancia e mocidade da Comarca  e desenvolven unha serie de actividades que desbordan a data oficial.

 

O mércores 14 no CEIP José Luis Taboada de Carballedo levarán a cabo un obradoiro para crianzas de 4º, 5º e 6º de Primaria sobre violencia contra as mulleres en contextos dixitais a cargo de Pantallas Amigas.

 

O luns 19 ofrecerán unha charla no IES Lama das Quendas sobre alcolismo e violencias a cargo de membros da Policía Local de Chantada.

 

O martes 20 as crianzas de 3º e 4º de Primaria do CEIP Xoan de Requeixo de Chantada participarán en lecturas teatralizadas sobre a obra de autoras como Gloria Fuertes, Marie Curie, Frida Khalo, Ella Fitzgerald e Simone de Beauvoir.

 

O venres 23 as crianzas de 3º e 4º de Primaria do CEIP Eloisa Rivadulla de Chantada participarán en lecturas teatralizadas sobre a obra de autoras como Gloria Fuertes, Marie Curie, Frida Khalo, Ella Fitzgerald e Simone de Beauvoir.

 

O mércores 21 ás 19:30h no Espazo Xove de Chantada organizan un acto simbólico de rexeitamento ó machismo no que tamén colaboran a agrupación Argalleiras Teatro.

 

O luns 26 a psicóloga Mª Rosario Ingunza Rajo, falará coa mocidade do Val do Asma de Chantada das consecuencias do alcol a nivel fisioloxico e social.

20 Novembro, 2018 - 2 Decembro, 2018

8:00 a.m. a 8:00 p.m.

Chantada

Pza. de Galicia, s/n (Edif. Multiusos, 2ª)
Chantada, Lugo 27500
+ Google Map