Cargando Eventos

Andaina e conversa no Camiño de Inverno

As Camiñadas traerán esta fin de semana á Ribeira Sacra a novos peregrinos polo Camiño de Inverno. O tramo entre Diomondi, no Saviñao, e Chantada será percorrido unha vez máis por ducias de caminantes. Desta volta, o plan está organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago coa colaboración da Xunta e o Xacobeo. Poden participar todas aquelas persoas que o desexen sen previa inscrición.

Despois da andaina haberá un xantar e conversa no restaurante Os Pendellos, en Chantada. Os relatores serán Francisco Rodríguez Iglesias, Aida Menéndez Lorenzo e Ramón Rodríguez Porto. Os XXV anos do Xacobeo e do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial son o argumento que move esta acción.

ÄS 10.00 h. sairá un autobús da Praza de Galicia en Chantada deica a igrexa de San Paio de Diomondi, onde se iniciará o percorrido cara os Codos de Belesar. Tan só se deben realizar reservas no cao de participar no xantar, que correrá por conta de cada participante. Para iso deben anotarse a través do correo electrónico periodistas.caminodesantiago@gmail.com

24 Novembro, 2018

10:00 a.m. - 5:00 p.m.

Sin localización