Cargando Eventos

Andaina solidaria contra o cancro infantil

A Ribeira Sacra como moitos saben é perfecta para descubrir a través dunha andaina, e si esta ten un fin solidario pois nada máis redondo. Este é un dos plans que ofrecen dende o Concello de Noguera de Ramuín para este mes de xaneiro. O domingo, día 20, está convocada unha cita para camiñar a favor da investigación arredor do cancro infantil. Partirá ás 10.00 da Praza de Luíntra.

Temos a opción da ruta longa e da ruta curta. A primeira é de 21 quilóemtros e a segunda de 11,5.  Nela colaboran co Concello outras entidades públicas e privadas e  cada un/unha de nós pode facelo a través da ‘fila cero’ ademais de poñéndonos a andar.

O 17 de xaneiro é a data límite para anotarse, cun prezo- achega para a asociación ‘Nico contra el cáncer infantil’. Os detalles da cita benéfica aparecen no cartel que segue a esta información.

Información e inscricións no Departamento de Cultura do Concello  e a través do número de teléfono 988 201 023.

 

20 Xaneiro, 2019

10:00 a.m. - 1:00 p.m.

Nogueira de Ramuín

Praza de Luíntra
Luíntra, Ourense 32160 Spain
+ Google Map