Cargando Eventos

Aprende a crear podcast na biblio

Protagonista: Biblioteca Municipal do Saviñao

Hoxe en día os audios e a radio son practicamente á carta. Aprender a facer podcast e pouco menos que imprescindible e na Biblioteca Municipal do Saviñao comezan xa o obradoiro Aprende a facer un podcast. A actividade terá lugar este venres 5 de xullo ás 12.00h. e o obxectivo é aprender a escribir, guionizar, interpretar e editar un podcast a través do programa Audacity. Esta actividade está recomendada a partir de 10 anos e enmárcase dentro do programa Ler conta moito,  unha acción de dinamización lectora, financiada pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao. Este día 2 deberían de estar feitas as inscricións, e cómpre formar grupo de alomenos 10 persoas, o número de prazas son 20. A inscrición pode facerse presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982 452 324.

5 Xullo, 2019

12:00 p.m. - 2:00 p.m.

O Saviñao

Doutor José Portela
Escairón, O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map