Cargando Eventos

Aproveitar os soutos

Protagonista: Concello de Sober
Na Ribeira Sacra ademais dos carballos tamén abondan os castiñeiros. Os soutos que axudan a compoñer a fermosa paisaxe que tanto namora a quen ten a sorte de poder desfrutala, aínda que sexa un intre.
Estes conxuntos de árbores e o seu cosmos poden ser, aproveitando ben os seus recursos, unha fonte de ingresos para quen lles adique o traballo e a atención necesaria. En Sober o día 7 de novembro unha charla organizada por Castaña de Galicia trasladará aos asistentes unhas ‘Nocións básicas para o aproveitamento dos soutos’.
O sábado 7 de novembro ás 17:00 h. no Centro Sociocultural de Sober.
A folla de inscrición pode descargarse na ligazón da web da Consellería do Medio Rural e debe enviarse cuberta, ao enderezo electrónico info@castanadegalicia.org

7 Novembro, 2020

5:00 p.m. - 7:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map