Cargando Eventos

As adegas de Vilachá, recuncho para a unión de escritoras galegas

Este día 30 terá lugar un encontro literario de escritoras galegas nas adegas de Vilachá de Salvadur. A Pobra do Brollón. Baixo o lema Ir facendo camiño aínda que sexa paseniño, as
organizadoras, María Vázquez, Begoña Fernández Quelle e Mar López Sotelo, presentará o proxecto “ OS RECUNCHOS DAS VERBAS” Contando coa colaboración de Puri Díaz Ferreiro, adegueira de Val do Frade, D.O Ribeira Sacra e
defensora do patrimonio cultural de Vilachá de Salvadur. Este proxecto nace co obxectivo de realizar encontros literarios
con mulleres escritoras para, de forma itinerante, percorrer diferentes lugares de xeografía española, deixando as súas
pegadas para os que as queiran seguir. O grupo, aberto a novas incorporacións .

En cada lugar abrirá o acto literario unha escritora vinculada a esa contorna xeográfica. Neste caso a embaixadora cultural será Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2019. Outras voces literarias acompañarán á poeta no recorrido por
diferentes recantos onde cada participante disporá dun espazo para amosar a súa creación.
Moncha Prieto, Ana Rey Gay, Puri Díaz Ferreiro ,Ana Vila Portomeñe (A poeta labrega), María Luisa Pereiro ( A fiandeira
das Verbas), Matilde Ávila Garcia, Nieves Férnandez Vidueira ( a poeta gandeira), Emilia Cereijo, Manuela Vicente Fernández, Mercedes Marcos, Blanca Villar Vilariño, Visi Ferreño, presidenta da Asociación “A Caracocha” de mulleres rurais de Montederramo. Paula Vázquez Verao de “A Libraría da Proencia”, Ana María Gamallo, Isabel Rodríguez Losada….
Retransmitirá o acto, en directo, a través das Redes Sociais ,Rafa Aguiar, de Radio Monforte. O evento concluirá ás 17,00h. A entrada é libre e sen limitacións de aforo. Recoméndase manter as medidas de protección e o uso de máscara.
Para os que queiran pasar todo o día poden inscribirse no xantar no teléfono: 616 24 32 50, ata o día 27 de outubro.

Pobra do Brollón

Abelaira, Vilachá de Salvadur
Pobra do Brollón, Lugo 27330
+ Google Map