Cargando Eventos

Augas Vivas. Rutas polas concas do Miño e do Sil

Protagonista: ADEGA
ADEGA- Lugo destaca na súa programación de actividades as augas interiores, fontes principais de auga potable e vías de comunicación nunha aposta por reivindicar a saúde dos ríos, da terra e do mar. Algún dos priblemas ambientais principais rematan coa vida fluvial: Encoros, recheos, urbanismo, construción de estradas e viadutos barcos a motor,
vertidos, especies invasoras etc, son algunhas das principais ameazas para os ecosistemas fluviais. Poren os
rios poden ser unha fonte de saúde, de vida e de riqueza se foren ben cuidados, segundo sinala este colectivo ecoloxista. Miño e Sil son os nosos ríos principais, e segundo a xeoloxía histórica, o Miño tería sido o último dos rios galegos a ser formado e unha das veas principais do territorio galego e da súa paisaxe natural e biodiversidade.
O obxectivo desta acción e pasear estes contornos fluviais e coñecer as súas bacías durante os nove meses do curso 20/21.
Desde o nacemento do Miño na Serra de Meira e o do Sil nos montes de León, até o encontro das augas nos Peares, para acompañar a ambos  súa entrega no mar. Os percorridos comezarán no nacemento do Miño no Pedregal de Irimia ata Fon Miñá e ao final da tempada na desembocadura no Atlántico entre Tomiño e a Garda e Camiña e Vilanova da Cerveira en Portugal. “Augas Vivas. As bacías do Minho e do Sil” ten o seguinte almanaque de rutas:
25 de outubro,na procura do nacemento do río Miño na Serra de Meira.
22 de novembro: Salvemos o Malecón (Monforte de Lemos)
20 de decembro: O Miño en Lugo para todas (Lugo)
24 de xaneiro; A loita por un río (Sarria)
21 de febreiro: As augas mansas (Begonte)
21 de marzo: A mestura das augas (Os Peares)
25 de abril: O berce das augas (O Bierzo)
23 de maio: O Avia viñateiro (Ribadavia/Beade)
20 de xuño: Onde o Miño se entrega ao mar (O Rosal/Tomiño)
Na propia web de Roteiros de ADEGA-Lugo (http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar as reservas. As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva dispoñible na web, antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición. As rutas de ADEGA-Lugo están abertas á participación de
público de todas as idades aínda queos socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
Os roteiros serán de  xornada completa.
Será preciso cumprir co protocolo para evitar a propagación da COVID tamén dispoñible na web.
Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfonos 982 240299 ou escrbindo a
adegalugo@adega.gal.

26 Outubro, 2020 - 14 Xuño, 2021

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Sin localización