Cargando Eventos

Preparando o Caldo de Ósos

Protagonista: Concello de Taboada
O tempo frío de febreiro é tempo de caldo e en Taboada festexan o seu prato máis senlleiro, o caldo de ósos, unha receita propia deste concello situado entre o Ulla e o Miño. A XXIX Festa do Caldo de Ósos celébrase os días 22 e, sobre todo,  o 23 de febreiro. Dous días para gozar da gastronomía tradicional, dos produtos da ‘casa’, da artesanía e da música.
A festa comeza o sábado ás 18:00 coa Ruta Osovinícola polos bares da vila nos que xa se poderá degustar o caldo de ósos en formato tapa acompañada de música en directo. Á noite partir das 22:30 h. comeza o Festóso, un festival que acollerá no Centro Cívico os concertos de catro bandas.
O domingo, o día grande, comeza ás 11:30 h. cunha concentración de coches clásicos e escultura en directo. posteriormente soará a música tradicional da man da A.C. Os Rechouchíos. O pregón comezará ás 13:00 h. e ao rematar a degustación do caldo de ósos. Os restaurantes da vila ofrecerán o menú da festa e pola tarde volve a música das man do grupo de gaitas Os Deiquí. Ás 20:00 h. degustación de pratos a base de porco e para rematar verbena coa orquestra Panamá. As reservas para o xantar irán dirixidas ao restaurante directamente.

22 Febreiro, 2020 - 23 Febreiro, 2020

12:00 a.m. a 12:00 a.m.

Taboada

Taboada, Lugo 27550
+ Google Map