Campionato Galego de Dominó
O Círculo Cultural e Recreativo de Chantada encherase este sábado, 8 de xuño, cos mellores xogadores galegos do dominó. As mesas estarán preparadas paras as partidas do Campionato galego impulsado dende o Concello de Chantada e con varias firmas colaboradoras. Trátase da edición número 13 desta competición e desenvolverase durante toda a xornada. O prazo de inscrición finaliza 15 minutos antes da hora do comezo do torneo, ás 10.30h.
Para anotarse ou ter máis información: no teléfono 665 983 115