Cargando Eventos

Campo de voluntariado no xacemento de San Lourenzo

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón anuncia a continuidade do campo de taballo xuvenil no Castro de San Lourenzo, situado en Cereixa. O campo de voluntariado dentro do programa da Xunta de Galicia terá lugar do 2 ao 13 de agosto e está aberto a persoas mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos. O número máximo de participantes
son 12 e xa está aberto o prazo de inscrición.

Os participantes poderán coñecer de primeira man o proceso de escavación dunha necrópole medieval, sector onde se centrarán os traballos este ano e no que apareceu o famoso Atilano, un esqueleto en moi bo estado de conservación atopado na campaña de 2018. Xurxo Ayán, director do proxecto, e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, celebran que finalmente se leven adiante estas iniciativas formativas e de lecer neste verán.
Os traballos arqueolóxicos véñense realizando dende 2016 e en sucesivas campañas no castro de Cereixa.
Ademais da arqueoloxía, na organización do campo perséguese a implicación dos participantes co proxecto e cos veciños e coas veciñas.

Un campo con medidas excepcionais
A situación sanitaria marca as características desta edición, seguindo as medidas sanitarias marcadas pola Xunta.
Este ano só participarán voluntarios residentes en Galicia, fronte o carácter internacional doutros anos. Por outra banda, existe un protocolo de seguridade marcado polo distanciamento, hixiene e uso de máscara. As persoas interesadas en participar poden atopar máis información e inscribirse en xuventude.net.

26 Xuño, 2020 - 13 Agosto, 2020

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map