Cargando Eventos

Carreira popular e andaina ‘Entre Pazos e Carballos’

O sábado, 21 de setembro, a vila de Taboada e a súa contorna de pazos e carballos recibe a visita de ducias de runners anotados nunha nova edición desta carreira popular. Corredores e corredoras chegados dende distintos puntos de Galicia e da Ribeira Sacra competirán xunto a deportistas locais nunha cita no que o máis importante, máis aló das marcas de cadaquén, é a vivencia do deporte ao aire libre e a convivencia interxeracional a través desta disciplina que aumenta ano a ano en adeptas e adeptos. Este ano inclúe tamén unha andaina guiada e coma sempre un agasallo ecolóxico. Servizo de gardaría durante o transcurso da proba absoluta e carreiras para corredores e corredoras de todas as idades, así como a tradicional merenda. Trátase dun evento que pertence ao circuíto de carreiras populares do GDR Miño Ulla.

As inscricións poden facerse deica o 19 de setembro a través da web www.championshipnorte.com

 

21 Setembro, 2019

5:00 p.m. - 7:30 p.m.

Taboada

General Muinelo, 1
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map