Cargando Eventos

Catar aceite

Protagonista: AGACAL
 Achégate ao apaixonante e oleoso mundo do aceite. O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos. Entre o luns 13 de setembro e o venres 17, de 16:00 a 20:00 h., os asistentes aprenderán a catar aceite de oliva virxe extra.
 Esta actividade está dirixida a persoas vencelladas profesionalmente coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como persoas con expectativas de incorporación ao sector.
As interesadas en asistir poderán solicitar calquera información no teléfono 881 997 279.

13 Setembro, 2021 - 17 Setembro, 2021

4:00 p.m. a 8:00 p.m.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, Lugo
+ Google Map