Cargando Eventos

Catas on line con viños da D.O. Ribeira Sacra

Protagonista: D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra continúa coas catas en liña que deron inicio hai unas semanas. Ata o momento celebráronse 3 catas coa participación dunha decena de referencias en cada unha delas. Este mes, aproveitando a celebración de San Valentín, levarase a cabo unha nova cata impartida pola sumiller, Mercedes González Rodríguez.

A Cata Ribeira Sacra, San Valentín terá lugar o xoves, 11 de febreiro, ás 19.00 horas por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). É necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da celebración da cata, indicando o viño que adquiriu o participante. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.

A cata é gratuíta e para poder seguila e participar activamente é importante contar con algúns dos viños para catar. Incentívase así a compra dos nosos viños nun momento no que as limitacións ao sector da hostalería están a castigar a todos os sectores que lle fornecen.

Os vinos que participan nesta Cata Ribeira Sacra, San Valetín son:

– Viño do Fortes branco summum 2019 de José Antonio Fortes.

– Adega dos Beizos Godello 2019 de Óscar González.

– Cuesta de los Olivos Godello 2019 de Finca Míllara.

– Algueira Mencía 2019 de Adega Algueira.

– Lagariza Mencía 2019 de Finca Míllara.

– Val da Lenda Mencía 2019 de Víctor Manuel Rodríguez.

– Javier Fernández Mencía 2019 de Adega Saíñas.

– Campaza Mencía 2019 de Casa Moreiras.

– Ámboa Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós .

– Asolagados Mencía barrica 2018 de Pilares de Belesar.

– Finca Cuarta Mencía barrica 2018 de Rubén Moure.

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web web da D.O. Ribeira Sacra. Os vídeos destas catas en directo quedan colgados nas diferentes redes desde as que se emitirá a cata para a súa consulta en calquera momento.

11 Febreiro, 2021

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Ribeira Sacra

Spain
+ Google Map