Cargando Eventos

Lemos Le reivindica a abadesa de Eiré no Día das Bibliotecas

Protagonista: Colectivo Lemos Le

O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, organiza por sétimo ano unha cea de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación. Nesta ocasión, acollerá o acto o Concello de Pantón xa que a homenaxeada deste ano é natural do mesmo, a abadesa de Eiré. Faise para reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos. A cea será o día 26 de outubro na Rectoral de Castillón a partir das 21:30 horas, quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo, no IES Daviña Rey ou no propio restaurante ata o día 18 de outubro incluído a un prezo de 22 euros. A cea contará coa actuación da cantante de fados e mornas Eugenia Sanmartín.

Farase entrega dos premios do VI Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Inés Fernández, abadesa de Eiré. Unha muller para o 8 de marzo; as persoas que o desexen poderán participar nunha visita guiada á Igrexa de San Miguel de Eiré o mesmo día, ás 19:00 h. Por outro lado,Flora Enríquez achegará un texto para conmemorar o Día das Bibliotecas

26 Outubro, 2019

9:30 p.m.

Pantón

Castillón 37
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map