Cargando Eventos

Centenario da IV Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

Protagonista: Consello da Cultura Galega

Monforte celebrará, da man do Consello da Cultura Galega, o centenario da histórica asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala nesta localidade. Será este 19 de febreiro nunha completa xornada divugativa na que non faltarán as conferencias, a poesía, a música e a revisión dos textos do momento.

Baixo o título  ´CEN ANOS SOÑANDO O DESTINO´ desenvolverase un nutrido programa que dará comezo ás 10.00h. na Casa da Cultura Lois Pereiro e que se o tempo o permite tamén fará desprazamento a outros escenarios como o pazo de San Vicente do Pino, onde se desenvolveu a xuntanza e se realizou a famosa fotografía por aquelas datas de 1922 na que non faltan persoeiros como Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Casal ou Manuel Antonio, motores do incipiente nacionalismo galego.

Máis información e inscricións para a xornada.

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201236

Fotografía en San Vicente do Pino: Arquivo CCG

19 Febreiro, 2022

Monforte de Lemos

Praza de España, 3
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map