Cargando Eventos

Charla sobre a reserva da biosfera Ribeira Sacra- Courel- Oribio

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

Dende o mes de setembro a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel forman unha nova Reserva da Biosfera da UNESCO. Sobre as consecuencias que ten este recoñecemento para o noso territorio e a xente que vivimos nel falará Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago, organismo que colaborou coa Xunta e a Fundación Juana de Vega na elaboración da proposta que se presentou á UNESCO. Será este venres 12 de novemebro ás 20:15 no Ateneo.

O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

 

12 Novembro, 2021

8:15 p.m. - 9:30 p.m.

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map