Charla sobre cambio climático e cata dos viños de Amandi
Coas propostas do Mes do Amandi, o próximo mércores 18 de agosto ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar unha charla a cargo o de Vicente Sotés, Catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, experto da Organización Internacional do Viño en Cambio Climático. A charla terá por título ‘O efecto do cambio climático, o desafío da adaptación de variedades nos viñedos de Amandi’.
Ao final da charla o enólogo Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxía, dirixirá unha cata dos viños gañadores do concurso de cata da XLI Feira do viño de Amandi.
O aforo para cumprir coa normativa sanitaria é de 20 prazas. Para participar é preciso anotarse en turismo@concellodesober.com ou na propia Oficina Municipal de Turismo.