Cargando Eventos

Chega a Chantada e con música ‘A poesía do Retrato’, homenaxe a Xela Arias

Protagonista: Vicepresidencia Deputación de Lugo

Este martes, 22 de xuño, os retratos e os versos da poeta Xela Arias salpicarán por varios días as rúas de Chantada. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á vila esta exposición itinerante e ao aire libre que se abriá cunha actuación da formación musical sarriá Malditos Roedores. O acto de inaugruación será ás 19.00h na Praza do Cantón, e no caso de que a meteoroloxía non o permita, terá lugar na Casa da Cultura.

Agasallarase ás persoas asistentes ao acto cun libro fotográfico sobre este fermoso proxecto expositivo que implicou á familia da homenaxeada, ao fotógrafo Xulio Gil e ao departamento de Cultura do organismo provincial. A mostra, especialmente coidadosa coa figura homenaxeada polas Letras Galegas neste 2021 conta con material gráfico inédito sobre a autora.

Aquí vos deixamos máis información sobre o inicio da exposición que percorre a provincia nunha nova desta canle:

22 Xuño, 2021 - 30 Xuño, 2021

7:00 p.m. a 7:00 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map