Ciclo de Cinema Mestre Mateo
Protagonista:
Academia Galega do Audiovisual
Chantada terá cinema galego este outono co regreso da programación do ciclo de cinema Mestre Mateo. Todos os venres ás 20.00 h. no auditorio municipal de Chantada proxéctase de balde, con entrada libre ata completar aforo, unha película ligada á produción galega máis recente. A Academia Galega do Audiovisual, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo xunto con Airoá Comunicación e o Concello de Chantada colaboran neste proxecto que achega o cinema ás vilas.