Ciclo de cinema Mestre Mateo
O Ciclo de Cinema Mestre Mateo leva o vindeiro sábado, 28 de maio a Chantada a peza ‘A poeta analfabeta’. Trátase dun documental que retrata a unha muller singular: Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega.
O relato xira en torno ao seu retrato: a súa historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética. O filme é unha produción de Cósmica Producións e está dirixida por Sonia Méndez.
O Ciclo Mestre Mateo continuará mensualmente coa exhibición dos filmes premiados na última edición destes premios. Está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Chantada e o colectivo Airoá Comunicación.