Cargando Eventos

Ciencia Peregrina

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica, en colaboración coa Xunta de Galicia realiza unha serie de faladoiros divulgativos co nome Ciencia Peregrina.

O venres 25 de outubro ás 19:30 estarán en Portomarín no Pazo Xeneral Paredes. O físico Dosi Veira falará sobre astronomía e explicará a relación das estrelas coas peregrinacións, como orientarse na noite e algún dos mitos asociados ás constelacións.

A actividade é de balde e para todos os públicos, e non é necesaria inscrición previa.

25 Outubro, 2019

7:30 p.m.

Portomarín

Praza Conde de Fenosa
Portomarín, Lugo 27178
+ Google Map