Cargando Eventos

Cine de Verán- Tempos de Igualdade

O Concello da Peroxa pón en marcha o seu cinema de verán. Comezará coa proxección do filme ‘O que Arde’, do cineasta galego Oliver Laxe o domingo, 23 de agosto, ás 21.30h. Será na estación dos Peares.

Xa o xoves 27 terá lugar o pase de ‘Concepción Arenal: la visitadora de cárceles’. Será ás 21.30h. no campo da festa de Graíces.

O domingo 30 de agosto, praza do Concello, proxectarase o file ‘Breve’ á mesma hora.

O venres, 4 de setembro, nova proxección de ‘ O que arde’ no campo da festa de Armental ás 21.00h.

Para pechar este ciclo de Cinema  o público que o desexe terá a oportunidade de visionar o filme ‘Sugragistas’. Será o domingo 6 de setembro no campo da festa de Vilarrubín 21.00h.

 

23 Agosto, 2020 - 6 Setembro, 2020

9:00 p.m. a 11:00 p.m.

A Peroxa

A Peroxa
A Peroxa, Lugo Spain
+ Google Map