Cogomelos, arqueoloxía e sendeirismo nunha actividade
O último sábado de outubro a Xunta de micoloxía ‘Os Lactouros’ e o club de montaña Buxán CM xunto co Concello da Pobra do Brollón e colectivo Penas do Castelo de Salcedo teñen unha proposta entre sendeirismo, micoloxía, arqueoloxía,e gastronomía.
O plan e recoller cogomenos xunto con persoas expertas e visitar o xacemento de Penas do Castelo, recentemente obxecto dunha campaña arqueolóxica. A xornada rematará con cea na Cantina de Xulia, para quen o desexe e con cogomelos e opción vexetariana.
Información e inscricións no teléfono 650 624 828
