Xuntos nos coidados
Protagonista:
AFAMON
Sober acollerá a edición deste ano do curso ‘Xuntos nos coidados’ que organiza Afamon Monforte. Levarase a cabo os días 14, 21 e 28 de novembro e o 5 de decembro na Casa da Cultura en horario de 19:00 a 21:00 horas.
O curso está dirixido a coidadores de persoas cunha demencia.
As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 982410929 ou no departamento de Servizos Socias do Concello de Sober.