Cargando Eventos

Concentracións contra a violencia machista

Unha vez máis a axenda ven marcada pola cor negra, tralo crime de Valga, no que foron asasinadas tres mulleres. En núcleos como Chantada e Monforte están convocadas para este mércores, 18 de setembro, concentracións en repulsa por este novo acto da violencia contra as mulleres. Xa dende o luns diversas institucións realizaron na zona concentracións e actividades de rexeitamento firme contra este novo suceso e con fin de seguir facendo fronte ás desigualdades de xénero e neste caso nunha das súas formas extremas, a violencia física. En Monforte de Lemos o colectivo FemForte ten convocada unha concentración para as 20.15 horas no praza do Concello no Campo de San Antón. O Concello de Monforte tamñén ten previsto un minuto de silencio ás 12.00h. ao que chama a participar á cidadanía.

En Chantada, Polamiúda comunicou xuntanza para as 20.30h. na rúa Leonardo Rodríguez.

18 Setembro, 2019

8:15 a.m. - 9:00 p.m.

Sin localización