Cargando Eventos

Concerto de A Quenlla

Protagonista: A Quenlla

Este sábado, 18 de decembro, ás 19.00h. haberá concerto en Chantada. O grupo folk A Quenlla achegará á capital do río Asma o seu último espectáculo moi conectado co Camiño de Santiago e as músicas do Medievo.

A entrada será libre e de balde ata completar o aforo do auditorio municipal. Colaboran neste evento, a Xunta, o programa Xacobeo, o Concello de Chantada, os Equipos de Normalización da Lingua Galega e Apresa.

18 Decembro, 2021

7:00 p.m. - 8:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map