Cargando Eventos

Concerto de guitarra

O ‘Ciclo Música no Outono’  de Sober ten programado para este sábado o concerto do guitarrista Luis Alejandro García. A actuación será ás 19:00 h. no Patio de Cristal do Hotel Pazo de Sober e a entrada será de balde. Trátase dunha actividade das Xuventudes Musicais de Sober que conta coa colaboración do Concello. Este músico tinerfeño é un dos guitarristas españois máis premiados e ofrecerá un repertorio dende as danzas afrocubanas a pezas españolas ou de latitudes iberoamericanas.

18 Outubro, 2019

7:00 p.m.

Sober

Camiño do pazo s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map