Cargando Eventos

Concerto de Marimba

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober, en colaboración coas Xuventudes Musicais da localidade, organiza este sábado día 25 de febreiro un concerto de marimba a cargo do percusionista Diego Casado. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober con entrada libre. A marimba é a súa compañeira de viaxe e a súa amiga “imaxinaria”, xa que moitos aínda non o coñecen. Esta é a súa oportunidade de coñecela, a través de J. S. Bach, do flamenco, da música xaponesa… e teñan por
seguro que lles encantará.

25 Febreiro, 2023

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map