Cargando Eventos

Concertos-aniversario da Banda de Música de Sober

Protagonista: Banda de Música de Sober
A celebración dos 150 anos de vida da Banda de Música de Sober segue a encher de actividades o municipio. Este sábado, 3 de agosto, haberá un concerto solidario na Praza do Concello ás doce do mediodía no que participarán todos os músicos e directores vivos que teñen pasado pola Banda de Música de Sober. A actuación ten un fin solidario, coa achega dun quilo de alimentos non perecedoiros para entregar a persoas ou familias con escasos recursos.
Despois toca xantar xuntas. Será no pavillón Virxe do Carme e xa se poden retirar as entradas chamando ao teléfono 686 767 085. O 11 de agosto terá lugar un novo concerto da Banda xunto co grupo local Os Parentes. será o 11 de agosto ás 22.30 h. na Praza do Concello. Un día antes, o 10 de agosto, a Banda Sinfónica de Galicia dará un concerto no Centro Sociocultural.

3 Agosto, 2019

12:00 a.m. - 1:00 p.m.

Sober

Praza do Concello, s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map