Cargando Eventos

Concurso de deseño gráfico

Protagonista: Concello de Sober
Un ano máis o Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico coa fin de elixir cartel anunciador da XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi. A participación está aberta a todas aquelas persoas que desexen participar con traballos en formato A3 e técnica libre.
Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño da Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura de Sober.
A entrega dos orixinais farase na Casa do Concello dende o 8 de xaneiro ata o día 15 de febrero de 20201, en horario de 10:00h. a 14:00h. Tamén poden enviarse por correo postal.
Para máis información poden dirixirse ao 686 742 333 ou ao prensa@concellodesober.com

18 Xaneiro, 2021 - 15 Febreiro, 2021

7:16 p.m. a 12:00 a.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map