Cargando Eventos

Concurso de disfraces na casa

Protagonista: Concello de Bóveda

O Concello de Bóveda decidiu que o concurso de disfraces deste ano se levara a cabo a través da súa páxina de Facebook, para evitar as aglomeracións e frear a expansión do coronavirus e poder así premiar igualmente o enxeño e a creatividade polo Entroido.

Desde xeito, o Goberno local pon en marcha un concurso no que poden participar adultos e menores (con autorización) de xeito individual, en parella ou en grupo. As bases que rexen o concurso son as que seguen:

A forma de participar é moi sinxela. Tan só terán que mandar unha fotografía feita este ano na casa con persoas disfrazadas  e unha posta en escena. A fotografía debe conter un título ou unha temática por escrito e o nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto no caso dos adultos. O mesmo no caso dos menores, que ademais precisan un escrito de autorización dun adulto. As fotografías teñen que mandarse á conta de correo: cultura@concellodeboveda.com

Prazos

O envío das fotografía poderase facer entre o xoves 28 de xaneiro e o 21 de febreiro, ambos incluídos. Despois do 21 de febreiro daranse a coñecer os gañadores e gañadoras e farase a entrega de premios, de xeito individual.

Gañadores

As fotografías iranse publicando no Facebook do Concello de Bóveda por orde de chegada. As que obteñan máis ‘Gústame’ serán as gañadoras en cada unha das categorías.

Premios

Os premios consistirán en vales cun importe económico para gastar nos establecementos participantes do Concello de Bóveda. En todas as categorías haberá premio local para os participantes do Concello de Bóveda e premio para os demais participantes doutros municipios. Os premios outorgaranse ás fotografías con máis “Me Gusta” en cada unha das categorías.

CATEGORÍA                    IMPORTE PREMIO

Individual Infantil*          VALE 20€

Individual Adulto             VALE 30€

Parella Infantil                VALE 40€

Parella Adulto                 VALE 60€

Parella Mixto*                VALE 50€

Grupo Infantil                 VALE 60€

Grupo Adulto                  VALE 90€

Grupo Mixto                    VALE 80€

* A categoría infantil é ata os 14 anos.

* Nas categorías “mixto” participan adultos e nenos e nenas.

Para obter máis información sobre o concurso poden chamar ao teléfono en horario de oficina 982426177.

Protección de datos

O concello de Bóveda garante o correcto tratamento dos datos persoais de acordo coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

A participación no concurso implica a aceptación total das bases.

28 Xaneiro, 2021 - 22 Febreiro, 2021

Bóveda

Spain
+ Google Map