Cargando Eventos

Concurso de entroido dende a casa

Protagonista: Concello O Saviñao

O Entroido do Saviñao tampouco quedará sen celebración neste ano. Haberá celebración a distancia en tres modalidades, e cos seus respectivos premios. Fotografía, Vídeo e Receitas son as tres temáticas que propón o Concello para conmemorar a festa do entroido.

Na modalidade de fotografía, as veciñas e veciños que desexen participarn deberán enviar unha imaxe co seu disfrace individual ou de convivintes. Na segunda modalidade, a de vídeo, a creación será de 1:30 minutos como máximo. Recoméndase que sexa o máis creativo posible e pode empregarse calquera aplicación. E, na terceira,  a de gastronomía, a imaxe será dalgún doce típico destas datas: orellas, torradas, filloas, etc.
A data límite para enviar as creacións é o 15 de febreiro, ás 20:00 horas, ao correo electrónico: concelleriadecultura@concellodosavinao.net, onde se deben indicar os datos persoais e de contacto para notificar o resultado.

 

9 Febreiro, 2021 - 15 Febreiro, 2021

O Saviñao

Spain
+ Google Map