Cargando Eventos

Concurso de microrrelatos

Protagonista: Concello de Parada de Sil
O Concello de Parada de Sil ven de convocar a novena edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil” 2021. O prazo para a presentación de traballos  está vixente deica o próximo 30 de marzo de 2021. O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de maio, en tanto que a entrega de premios terá lugar o 15 do mesmo mes no salón de actos do Concello. Será aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas de cada ano.
O certame concederá tres premios, o primeiro dotado con 1.000 euros; o segundo, con 500 euros e o terceiro con 300 euros.
As bases do concurso poden consultarse en www.paradadesil.es

30 Marzo, 2021

12:00 a.m.

Parada de Sil

Campo da Feira
Parada de Sil, Ourense 32740 Spain
+ Google Map