Cargando Eventos

Concurso-deseño cartel das festas

O Concello de Monforte continúa co ciclo anual en previsión de que este verán puideran celebrarse as festas patronais nalgún formato. Por isto, ven de lanzar o concurso para atopar unha imaxe para o cartel anunciador dos festexos de agosto. O certame está xa en marcha e o periodo para enviar as propostas creativas estará aberto deica o 3 de maio.

Posteriormente terá lugar unha mostra cunha escolma dalgunhas das obras participantes que serán escollidas polo xurado. As bases para participar neste certame creativo están publicadas xa na web do Concello de Monforte http://www.monfortedelemos.es/

Establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2021 e dótase cunha cantidade de1.000 euros, impostos incluídos.

23 Febreiro, 2021 - 3 Maio, 2021

Monforte de Lemos

Praza de España, 3
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map