Cargando Eventos

Concurso explotación mesón Os Castros de Ferreira

Protagonista: Concello de Pantón

Na axenda de economía e desenvolvemento, está aberto o prazo de 15 días para presentar propostas para a xestión do mesón Os Castros de Ferreira, en Pantón. Este espazo de lecer e hostalería no contorno da feira tradicional da vila está listo para ser explotado novamente e o Concello ven de lanzar o proceso.

O arrendamento do “Mesón Os Castros” para uso de bar-cafetería-restaurante. O “Mesón Os Castros” é público. Este espazo sitúase no Campo da Feira en Ferreira de Pantón. Conta cunha superficie total de 225 m² construción + 60 m² porche + 180 m² terraza. Establécese un canon de arrendamento ou renda mínima mensual de 391,76 €/mes, IVE 82,27 €/mes (IVE incluído). Total: 474,03 €/mes IVE incluído. A duración do contrato é de 5 anos prorrogables por un período de ata 5 anos máis.

Para a adxudicación do contrato seguiranse os seguintes criterios:
Avaliables automáticamente
⦁ Experiencia profesional no sector, ata un máximo de 40 puntos.
⦁ Maior prezo ofertado a favor do concello, ata 30 puntos.

Avaliación que depende dun xuizo de valor
⦁ Proxecto de explotación, ata un máximo de 30 puntos.

As ofertas presentaranse no prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte (24/01/2022) á publicación no perfil do contratante Concello de Pantón na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia do anuncio de licitación. Se o último día do prazo fora inhábil, o prazo para a recepción de ofertas entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. As proposicións deberán ser presentadas en sobre pechado no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Pantón, sito en Praza do Concello, s/n, 27430-Pantón; en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A documentación poderase enviar por correo segundo o disposto no artigo 80.4 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

25 Xaneiro, 2022 - 8 Febreiro, 2022

Ferreira de Pantón, Lugo 27430 Spain
+ Google Map