Cargando Eventos

Xornada para entender a construción da paisaxe galega

Protagonista: Consello da Cultura Galega

A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media: socalcos, campesiñado e cristianismo.
Este é o título e eixo dunha fin de semana de estudo e diálogo na Pobra do Brollón. O Consello da Cultura Galega achégase de novo á Galicia interior para amosar a luz de distintos proxectos que se están a desenvolver na comunidade arredor do deseño da paisaxe que marcou a que hoxe temos.

Os relatorios serán na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra. As xornadas están coordinadas por Rebeca Blanco-Rotea e por Xurxo Ayán e desenvolveranse , entre o 24 e 25 de setembro, en horario de mañá e de tarde.
A inscrición é de balde e está limitada a 30 prazas. Para anotarse, as persoas interesadas poden facelo na web do Consello da Cultura Galega www.consellodaculturagalega.gal

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201178

“Os resultados dos proxectos están mostrando un discurso alternativo ao hexemónico no que as comunidades rurais teñen moito que dicir. A maior parte son proxectos construídos dende abaixo, participados pola sociedade e liderados por investigadoras e investigadores novos, cuxos obxectivos e desenvolvemento contrastan cos procesos que, dende arriba, teñen lugar en paisaxes como as da Ribeira Sacra. Non obstante, estes discursos tamén deberán integrarse porque forman parte da propia construción identitaria da actual Ribeira Sacra. A idea é artellar as xornadas en tres eixes temáticos: materialidades / paisaxes / pensamento”. Tamén se pretende dar cabida a discursos arqueopoéticos, da man da participación de Olga Novo.
As xornadas teñen o apoio do concello, da asociación de veciños de Cereixa María Castaña e dos proxectos locais.

PROGRAMA:
24 de setembro
Casa da Cultura Olga Novo, A Pobra do Brollón
9:30 horas
Presentación Alcalde da Pobra do Brollón/ Coordinación
Mesa 1: Materialidades medievais
10.00 horas
Ivan Álvarez Merayo (Coureleando): Arqueoloxía no burgo medieval de Monforte de Lemos
10:30 horas
Sonia García Rodríguez (arqueóloga) e Xurxo Ayán Vila (NOVA de Lisboa): Na procura dos confinados dos séculos altomedievais. Eremitas, covas e santuarios rupestres
11.00 horas
Rebeca Blanco-Rotea (arqueóloga, USC): Reinterpretando a arquitectura dende a Alta Idade Media
11:30 horas. Descanso
12:00 horas
Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos): Entre cerámicas medievais
12:30 horas. Debate
13:00 horas
Mesa redonda cos relatores e relatoras
A paisaxe altomedieval: das fontes á paisaxe
14.00 horas. Xantar
Mesa 2: A reconstrución da paisaxe dende fontes diversas
16:00 horas
Cruz Ferro (Universidade do Algarve): O que a terra nos conta: a paisaxe nas fontes edafolóxicas
16:30 horas
Vítor Rodríguez Muñiz (UVigo): Da paisaxe na documentación
17:00 horas
Xurxo Ayán (NOVA de Lisboa): A cartografía simbólica da Alta Idade Media a partir das fontes orais
17:30 horas. Debate
18:00 horas. Descanso
Mesa 3:Pensamentos e sociedades medievais
18:30 horas
Juan Pablo López García (lectura): Alta Idade Media, identidade e territorio. O proxecto Terra Levis e o MASAV de Ávila
19:00 horas
Olga Novo (escritora e profesora de ensino secundario): Os guímaros. Memoria emocional e Historia dos subtalternos
19:30 horas
Puri Díaz Ferreiro (viños Val do Frade): Medrar entre pataos
20:00 horas. Debate final

25 de setembro

9:30 horas
Visita ao castro e necrópole medieval de San Lourenzo, Cereixa
Guía: Xurxo Ayán
11:00 horas
Pausa café en La Vieja Taberna
12:00 horas
Unha Pobra esquecida: A Pobra do Brollón. Visita guiada polo casco medieval da Pobra con Olga Novo e Xurxo Ayán
16:00 horas
Visita a Vilachá. Miradoiro da Capela, conxunto etnográfico das Adegas de Vilachá e degustación de viño e petiscos en Adega Couso
19:00 horas
Peche da xornada

24 Setembro, 2021 - 25 Setembro, 2021

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro
Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map