Cargando Eventos

Cuarteto de saxos en concerto

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais traen este sábado, 23 de xaneiro, á localidade o concerto do cuarteto de saxos Synthèse Quartet para presentar os seu traballo ‘Música sin fronteras’. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober con entrada libre.
O cuarteto está formado por Javier Valero Aladrén, saxofón soprano; Ángela Romera Tutor, saxofón alto: Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.

Na música nunca existiron fronteiras, por iso, hoxe en día temos unha gran riqueza musical que provén de moitos lugares distintos. O programa que presenta Synthèse Quartet, aposta pola difusión da variedade musical e brinda un percorrido por diferentes épocas e estilos nos que a música se concibe de maneira moi distinta.
A primeira parada son os EUA e o compositor D. Maslanka; a segunda será Rusia e a súa mestizaxe sonora, neste caso protagonizado por Glazunov. Por último, será a quenda de obra ‘Cidades’, unha obra de Guillermo Lago que pretende copsar a sonoridade de tres cidades tan dispares como Addis Abeba, Saraievo e Córdoba.
Synthèse Quartet fórmase en outubro de 2017 no Conservatorio Superior de Castela e León. Os seus integrantes, inspirados pola idea de “síntese” como algo complexo que resulta de reunir distintos elementos que estaban dispersos ou separados, organizándoos e relacionándoos entre si, deciden outorgarlle ese nome á formación. O cuarteto creceu baixo as
pautas de Anxo Soria, Brenno Ambrosini e Juan Clemente, ademais de recibir numerosas masterclass con profesores como Marcus Weiss, Marie- Bernadette Charrier, Fukio Ensemble, Antonio García Jorge, Ramon Lazkano, Alejandro Bustamante, Alberto Rosado ou Alberto Chaves.
Foron galardoados co Primeiro Premio e Premio Especial do Público no X Concurso de Mocidades Musicais en Ávila na categoría superior, co Primeiro Premio no II Concurso Nacional de Música de Cámara de Utrera “Abate Marchena”, co Premio Especial á mellor interpretación dunha obra española no XXII Certame de Mozos Interpretes “Pedro
Bote”, co Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Música de Cámara “Villa de Cox” e co Primeiro Premio por dous anos consecutivos no III e IV Concurso de Música de Cámara do P.M.Salamanca. Complementos á súa formación foron a xira de concertos celebrada en Gdansk (Polonia) como galardón á súa participación no Festival Salmuz de Salamanca, así como numerosos recitais que ofreceron por toda a xeografía española onde cabe resaltar salas como “El Pósito” Sigüenza),
“El Liceo” ou “Juan del Enzina” (Salamanca), “El club de regatas” (Santander) ou no Palacio de Congresos de Mérida. Ademais, en febreiro de 2020 tiveron a oportunidade de tocar e ser entrevistados no programa “Andante con moto” da emisora Radio Nacional Clásica. Como integrantes da aula 2.13 Sax de Salamanca participaron no “World Saxophone Congress” celebrado en Zagreb (Croacia) en 2018, así como no festival Ensems en Valencia.

Programa
David Maslanka: Recitation book
Aleksandr Glazunov: Saxophone Quartet, Op. 109
Guillermo Lago: Cidades. Addis Abeba, Saraievo e Córdoba
David Cantalejo: Obra sen título (estrea absoluta)

23 Xaneiro, 2021

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Sober

Sober, Lugo 27460
+ Google Map