Cargando Eventos

Cultura para o outono en Sober

Protagonista: Concello de Sober

Sober presenta un completo programa de actividades culturaris para os meses de outubro e novembro.

OUTUBRO

O día 15 ás 19.00h./ Presentación do libro Alma de Barro de Moncha Prieto.

O día 23, ás 12.00h. Presentación do libro ‘La hora de las Golondrinas’ de Eleonor Gil

O día 30, ás 19.00h. Concerto de Miguel Muñiz e Lluis Rodríguez Salvá, ao violín e ao piano respectivamente. Unha actividade das Xuventudes Musicais de Sober.

NOVEMBRO

O día 6, ás 19.00 h. Visionado de Nosoutras, Relatos Femininos.

O día 19, ás 19.00h. Ítaca Teatro achega a peza teatral Anacos dentro do Ciclo de Seráns Teatrais da Deputación de Lugo.

O día 20, pola mañá terá lugar a celebración de santa Icía, patroa dos músicos a cargo da Escola Municipal de Música de Sober. Esa mesma xornada, pola tarde, terá lugar o concerto da soprano Mireia Tarrabó co acompañamento ao piano de Carmen Santamaría, un acto en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober.

O día 27, ás 19.00h. volve ser xornada de teatro con Nova Escena Teatro e ‘A tortilla e a Peste’. Ciclo de seráns teatrais da Deputación de Lugo.

Ademais, todos os martes se celebran as actividades para as maiores de O Eirado das Letras e os venres as habituais merendas con contos da Biblioteca Municipal.

 

15 Outubro, 2021 - 30 Novembro, 2021

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map