Cargando Eventos

Cultura urbana para a Feira da Primavera

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

O Espazo Xove de Chantada vai celebrar o día 21 de maio unha Feira de Primavera chea de actividades:

VENRES 21 DE MAIO DE 8:30 A 13:30 h.

Charlas interactivas sobre Grafiti, cultura urbana e música hip –hop dirixidas a alumnos de ESO  e BAC dos dous institutos de Chantada. Charlas a cargo de Velaísca, TIAM Gz no campo da música urbana, e de Marcos Fernández Cea  sobre o grafitti. Esta actividade levarase a cabo en diferentes grupos durante a mañá no Espazo Xove de Chantada.

VENRES 21 DE MAIO DE 16:00 A 19:30 h.

Obradoiro de Grafiti, a cargo do soberino Marcos Fernández Cea ( Participante no Certame Xuventude Crea) Faremos varios grafitis coa participación dos moz@s da zona.

Obradoiro de hip –hop e rap, a cargo de TIAM Gz e Velaísca. Taller práctico cos rapaces para compoñer cancións e música. Concerto final a cargo do grupo chantadino TIAM GZ.

Estas accións van dirixidas á rapazada de 14 a 30 anos. Mais información e inscricións:

http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/formulario-de-solicitude-feira-da-primavera-espazo-xove-chantada

http://xuventude.xunta.es/primavera-xove

http://xuventude.xunta.es/images/primavera-xove/PROGRAMACION_Espazos_Xoves_v2.pd

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map