Cargando Eventos

‘Cuñados’, comedia galega no cinema na rúa

Os vindeiros días 30 de Xullo e 6 de Agosto, a partir das 22:30h., proxectarase no campo da festa de Faramontaos e na Praza de Luíntra respectivamente, a película “CUÑADOS”.

As entradas estarán dispoñibles no Departamento de Cultura do Concello (988201023), na Oficina de Turismo de Luíntra (988201525), ou nos mesmos lugares das proxeccións.

Por protocolo COVID, o aforo será limitado e será necesario facer unha listaxe de asistentes na que se reflectirán os nomes e os D.N.I. das persoas que queiran ir a este cinema aberto polo que se recomenda facer reserva previa.

 

30 Xullo, 2021 - 6 Agosto, 2021

10:30 p.m. a 11:30 p.m.

Nogueira de Ramuín

Faramontaos
Nogueira de Ramuín, Ourense Spain
+ Google Map