Cargando Eventos

Desfile de comparsas de entroido

Protagonista: Concello de Pantón

O sábado, 25 de febreiro, terá lugar o Desfile de Entroido que comezará ás 16.00h. (os participantes presentaranse ás 15.30 na rúa enriba do colexio Monte Baliño) no colexio para percorrer as rúas de Ferreira e rematar na Praza do Concello. As inscricións e recollida de número pódese facer ata o día 24 ás 13.00 na segunda planta do edificio sociocultural.
Durante o desfile contarase con animación musical e ao remate haberá chocolatada e baile na Praza do Concello. O xurado estará composto por un representante de cada comparsa (que non desfilará) e unha persoa allea que exercerá voto de calidade en caso de empate. Valorarase a orixinalidade, a calidade e a simpatía dos disfraces. Tódalas comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile e serán ingresados nas contas bancarias que corresponda.

25 Febreiro, 2023

Pantón

O Castro de Ferreira
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map